Xestiona os teus USBs e tarxetas con MkUSB

Un dos últimos artigos que escribín falaba de WOEUSB, que nos permitía escribir imaxes iso de instaladores de Windows dende Linux. Tamén noutra ocasión falamos de UbunSys, un pequeno frontend que nos deixaba “tocar” unha morea de detalles no noso sistema Ubuntu. Como vedes, o tamaño dos programas non ten nada que ver coa sua utilidade, e moitas veces estas pequenas aplicación pódennos salvar a vida en situacións complexas, ou facilitarnos o día a día.

Nesta ocasión quería falar de MkUSB, unha pequena ferramenta que nos permitirá xestionar as nosas unidades USB e tarxetas de memoria. Con ela poderemos escribir imaxes ISO e IMG (con diferentes opcións, incluso con ISOs de Windows) en unidades extraíbles, inicializar e restaurar as unidades, ou borrar todo o seu contido de forma rápida ou bit a bit. Para realizar estas operacións utilizará o poder do comando dd, facendo de esta aplicación unha alternativa potente, rápida e segura.

Para realizar estas operacións MkUSB utilizará unha pequena interface que nos permitira de forma sinxela e segura traballar cos nosos dispositivos.  É necesario recalcar que o uso de MkUSB  destrue o contido das unidades nas que traballa e usa a capacidade completa. Aclarado este punto, o programa pódese usar tanto de forma gráfica como a traves da terminal. Podes consultar os detalles do seu uso nesta guía en PDF.

Para instalalo en Ubuntu abriremos un terminal e teclearemos o seguinte:

sudo add-apt-repository ppa:mkusb/ppa

sudo apt update && sudo apt install mkusb

Desexo que este pequeno programa che sexa tan útil coma a min. Saudos!!!

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará