zRAM: Sacalle mais “chicha” o teu Ubuntu

Remato de ler en “Ubuntizando el Planeta” que un dos desenroladores de ElementaryOS programou un  script que permite utilizar un anaco de memoria RAM para usala como Swap virtual comprimida. De este xeito a area de intercambio de Linux o estar localizada na memoria é moito mais rápida e traducese nun incremento da velocidade do sistema, que en troques de acceder a unha sección do disco duro traballa ca RAM.

Isto pode significar unha mellora considerabel en equipos vellos con pouca RAM. Agora mesmo estouno a probar nun Athlon a 700 Mhz con 512MB de RAM e noto unha mellora sustancial. Vouno instalar no meu equipo de traballo que afortunadamente é un pouco mais rápido  e testeareino un pouco mais.

Se queredes instalar este script so tendes que engadir estes repositorios e instalar cos seguintes comandos nunha terminal:

sudo add-apt-repository ppa:shnatsel/zram
sudo apt-get update
sudo apt-get install zramswap-enabler
Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

3 reflexións sobre “zRAM: Sacalle mais “chicha” o teu Ubuntu”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *